Edificio Kirkbride


Os edificios Kirkbride son unha tipoloxía arquitectónica propia de edificacións de acollida de enfermos mentais construídos nos EUA na segunda metade do século XIX. Segundo o doutor Thomas Kirkbride (1809-1883), a construción dos edificios destinados a recibir os doentes ten influencia sobre a calidade das curas que lle son aplicadas.

A importante achega financeira dos poderes públicos permitiu construír uns conxuntos moi luxosos para a súa época. Entre 1850 e 1900 o estado norteamericano investiu grandes cantidades de cartos para encargarse dos doentes con problemas mentais. Estes pasan progresivamente das cadeas para enfermos aos lugares especificamente apropiados para sandar as súas doenzas.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search